Escribo coa lingua.
Hoxe escribo coa lingua.
Lingua miña, que máis que entre os dentes téñote entre espalda e peito.
Penso que hai cousas que non só se aprenden; van máis aló, péganseche na alma dende ben cativo... lévalas nas entrañas e non es quén de esquecelas ata o día no que respiras por derradeira vez.
Qué mágoa que non poida explicalo nin do mellor xeito que teño para transmiti-los meus sentimentos; escribindo.
Podo traducilo significado de verbas coma cunca, beizos, axóuxere, aloumiño, bolboreta, cativo, arrolo, enxebre... pero dicídeme cómo me arranxo pra que se fagan unha idea do moito que me acouga ouvilas sen máis.
Porque sí, porque me da paz que me falen na lingua nai. A que me deu a vida. E sí, a muller que me trouxo ao mundo tamén a comparte comigo. Alédame que no corazón de ambas os sentimentos máis honestos se traduzan nun mesmo son.
Tamén as nosas ideas falan galego.
Os meus berros, as bágoas, os saloucos,as gargalladas, susurros mainiños, tímidos eloxios, as protestas, o son do pracer e mesmo o da dor van en galego.
Porque é así como me sinto representada.
É así como me vexo medrar nun corpo que naceu no berce da terra máis sabia do mundo, por moito que fose condenada a se-la terra negra pola peor das envidias. Negra era a ignorancia de que non sabía ve-lo tesouro da Galiza.
Bendita terra. Terra meiga din algúns.
Eu digo que sí, que é terra meiga; que só as meigas lle puideron dar tanta maxia. Que pra min leva maxia cada recuncho das fragas, cada pinguiña de agua salgada e cada centímetro de area que se molla.
Miña nai! se algún día namoro, que non sexa sen un "quérote", que me den os bos días e que as noites sexan boas tamén. Que non rexeiten o país da maxia, que me agarimen doce, e que dos doce meses do ano me agasellen apertas os 365 días.
Que se sinta ceive e que me faga sentir ceive tamén a min; que teña un feixe de ilusións, que non "se chore" en sentimentos e que sexa forte comigo. Porque a choiva non só está ahí fora nas rúas empedradas; tamén orballa aquí dentro e xuntos podemos amañar un bo refuxio.
En definitiva, que se namore comigo da terra dos meus soños e que sinta morriña cando viaxemos pra ver mundo máis aló do paraíso.
Quero amar en galego. Quero vivir en galego. Quero escribir o que non pudieron escribir en galego.
Hoxe, éncheme de ledicia enchouparvos de arte.

Bravo
ResponderEliminarmil gracias!
ResponderEliminarUnha terra, un pobo, unha fala:
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=YIypMf0NbHc
adiante!!! moitas grazas pola canción!
ResponderEliminar