Nin me deixas nin me deixes.
podo encher o vacío
Non podo encher o vacío que me deixas,
mais debe de ser moito vacío
se molla e queima,
se se sinte coma un toxo que fura
e o meu ventre cuspe bolboretas de cinsa.
Non podo encher o vacío,
e ti non me deixas.
Non me deixas, i eu pensando
"non me deixes"
mentres voe a túa cinsa polas miñas veas.
Xa non hai paisaxes que ollar,
e non podo encher o vacío que me deixas
nin tapalo con xeo,
porque antes de seren cinsa,
as bolboretas fumegaban frío.
Podo encher o vacío,
mais debe de ser moito vacío
se consome as bágoas todas;
chúchame o azucre en reserva
e xa nin sal me deixa.
Podo encher o vacío
e ti non me deixas.
Non me deixas, i eu pensando
"non me deixes"
anque me lixes de pena.
Non podo encher o vacío
se me enches a cabeza,
non me deixas, i eu pensando
"non namores, nena,
as bolboretas queiman"
que bonito escribes ^^
ResponderEliminarGracias mil, de verdad, por pasarte y por compartir tu gratitud! Nos leemos!
Eliminar