Escribo coa lingua.
Hoxe escribo coa lingua. Lingua miña, que máis que entre os dentes téñote entre espalda e peito. Penso que hai cousas que non só se aprenden; van máis aló, péganseche na alma dende ben cativo... lévalas nas entrañas e non es quén de esquecelas ata o día no que respiras por derradeira vez. Qué mágoa que non poida explicalo nin do mellor xeito que teño para transmiti-los meus sentimentos; escribindo. Podo traducilo significado de verbas coma cunca, beizos, axóuxere, aloumiño, bolboreta, cativo, arrolo, enxebre... pero dicídeme cómo me arranxo pra que se fagan unha idea do moito que me acouga ouvilas sen máis. Porque sí, porque me da paz que me falen na lingua nai. A que me deu a vida. E sí, a muller que me trouxo ao mundo tamén a comparte comigo. Alédame que no corazón de ambas os sentimentos máis honestos se traduzan nun mesmo son. Tamén as nosas ideas falan galego. Os meus berros, as bágoas, os saloucos,as gargalladas, susurros mainiños, tímidos eloxios, as protestas, o son d...